28/08/19
O concello convoca unha sesión formativa para que as persoas asistentes poidan coñecer que tramites poden facer na oficina electrónica do concello e como facelos, así como os mecanismos de identificación que lles permiten empregar a Sede.
21/02/19
Con novo aspecto e importantes melloras no uso e a funcionalidade, estréase a nova sede electrónica do Concello adherida ao Proxecto Provincial de Implantación da Administración Electrónica.
24/02/16
O Concello de Sobrado, a través da súa sede electrónica, pon en marcha o PORTAL DE TRANSPARENCIA.
5/06/14
Sobrado inaugura a Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. Sobrado dá o salto cara a unha administración sen papel.
5/06/14
A implantación da Administración Electrónica na xestión municipal supón unha nova forma de relación entre a Administración e os cidadáns, xa que abre a posibilidade de relacionarse por internet con plenas garantías legais, de confidencialidade, seguridade e sinxeleza.
5/06/14
A nova sede vai permitir a cidadáns e empresas a presentación, por vía telemática, da totalidade de instancias e solicitudes dirixidas ao Concello.