O concello convoca unha sesión formativa para que as persoas asistentes poidan coñecer que tramites poden facer na oficina electrónica do concello e como facelos, así como os mecanismos de identificación que lles permiten empregar a Sede.
A xornada comezará ás 12 na Casa da Irmandade do concello e será impartida pola axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.