Sede electrónica Concello de Sobrado

04:19:35 Domingo 5 de abril 2026
Estás en:

Información

Sobrado invita aos veciños a formarse no uso da súa sede electrónica o vindeiro luns, día 2

28/08/2019

O concello convoca unha sesión formativa para que as persoas asistentes poidan coñecer que tramites poden facer na oficina electrónica do concello e como facelos, así como os mecanismos de identificación que lles permiten empregar a Sede.

A xornada comezará ás 12 na Casa da Irmandade do concello e será impartida pola axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.